Publicador de contidos

Publicador de contidos

6.000 persoas en Galicia teñen párkinson, unha enfermidade da que se conmemora o seu día internacional

6.000 persoas en Galicia teñen párkinson, unha enfermidade da que se conmemora o seu día internacional

Nesta xornada, médicos e pacientes queren romper falsos mitos sobre unha doenza que non sempre vai asociada aos tremores

Hoxe hai grandes avances en farmacoloxía  que melloran notablemente a esperanza e a calidade de vida dos pacientes

G24.gal 11/04/2025 14:44

Ángel Sesar, coordinador da Unidade de Trastornos do Movemento do CHUS, explica que  tratamento que hoxe se aplica supuxo un cambio absoluto de paradigma nos pacientes con enfermidade de párkinson.

"Antes da Levodopa, os pacientes tiñan unha esperanza de vida de sete anos, e desde que hai Levodopa aumentou moitísimo esa esperanza de vida. Eu teño pacientes que levan corenta anos coa enfermidade", engade- 

Con esta mensaxe esperanzadora, o equipo médico do CHUS que atende os trastornos do movemento explica a situación actual dunha doenza dexenerativa que afecta a neuronas de distinto tipo.

"A que máis síntomas dá, sobre todo nas primeiras fases, é a perda de neuronas que producen dopamina. A dopamina é unha molécula necesaria para o movemento. Entón, os pacientes de párkinson teñen movemento do normal. Os síntomas son rixidez e tremor, aínda que non todos os pacientes de párkinson tremen", detalla Ángel Sesar

"Nós estamos hoxe aquí no Día Mundial do Párkinson para sensibilizar e informar. Que a xentes saiba que non todos os pacientes tremen, que hai outros síntomas", cóntanos Yolanda del Campo, a responsable de Comunicación de ACEM . 

Rehabilitación integral con fisoterapia, logopedia, acompañamento psicolóxico ou deportes adaptados son algúns dos servizos que ofrecen as asociacións de pacientes.

O párkinson é mais frecuente en persoas de máis de 55, pero hai pacientes con menos de 40. Se polo paso do tempo, o efecto dos medicamentos comeza a diminuír, pódese aínda recorrer á cirurxía.

"Cando a Levodopa non é suficiente poñemos uns eléctrodos conectados a unha batería. Entón ao recibir continuamente corrente eléctrica esa actividade do núcleo subtalámico baixa e mellora o movemento", dixo Ángel Sesar, coordinador da Unidade de Trastornos do Movemento do CHUS.

O esforzo da Medicina céntrase agora en obter un marcador biolóxico que poida detectar antes a enfermidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade