Publicador de contidos

Publicador de contidos

Citadas 5000 persoas para poñer a dose de reforzo no recinto feiral de Vigo

Citadas 5000 persoas para poñer a dose de reforzo no recinto feiral de Vigo

Tamén se administra a segunda dose aos mariñeiros que tiñan unha picada de Jenssen

Volven as rengleiras de xente nas xornadas de vacinación masiva no Ifevi
G24.gal 20/11/2021 14:03

Vigo comeza tamén coas vacinacións masivas. Faino para a franxa de idade de entre os 70 e os 79 anos. Nesta quenda de sábado hai citados 5.000 maiores. O proceso para esta franxa de idade estenderaase ata o 30 de novembro. Así ata sumaren esas 50.279 doses que se van administrar na área sanitaria de Vigo. Hoxe hai 20 postos de vacinación.

"A verdade é que veñen moi contentos. Onte acudiron o 75% dos 5000 citados. Os nosos maiores veñen moi animados, e moi agradecidos, sobretodo", cóntanos Lara Sánchez, a coordinadora do equipo de vacinación de Vigo.

Nesta quenda de vacinacións funciona un só pabillón no Ifevi. O outro xa estaba reservado para un evento.  Iso obriga a acceder por fóra das instalacións aos que acoden a vacinarse. As vacinacións no Ifevi serán en horario de mañá, de luns a domingo. 

Na área de Vigo hai 28.618 persoas ás que se lles administrou a monodose de Janssen. Nunhas semanas poderán acudir sen cita para a segunda dose. pero hoxe só citaron os mariñeiros nesa situación. Este sábado só se administrou o preparado de Pfizer.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar