Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis de 5.000 corredoras esgotan os dorsais da Carreira da Muller na Coruña

Máis de 5.000 corredoras esgotan os dorsais da Carreira da Muller na Coruña

A proba solidaria doa 75.000 euros á Asociación Española Contra o Cancro

G24.gal 25/09/2022 11:18 Última actualización 25/09/2022 13:30

Os dorsais levaban moitos días esgotados. A Carreira da Muller volveu demostrar a súa enorme capacidade de convocatoria e un ano máis a marea rosa cubriu o asfalto do paseo marítimo da Coruña.

Máis de cinco mil corredoras completaron os seis quilómetros do circuíto. A proba mantén o seu espírito solidario coa doazón de 75.000 euros á Asociación Española contra o Cancro e con achegas económicas a outros colectivos que traballan a prol das mulleres.

Todas as participantes luciron nos seus dorsais o 016, o número de atención ás vítimas de violencia machista.

Antes da saída realizouse unha homenaxe para recoñecer as traxectorias profesionais no ámbito do deporte da adestradora de patinaxe Rosa María García Rodríguez, do club Maxia, e da árbitra e atleta María Eugenia Gil Soriano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade