Publicador de contidos

Publicador de contidos

45 anos do Estatuto de Autonomía de Galicia

45 anos do Estatuto de Autonomía de Galicia

O proceso, longo e complicado, abriu o período de modernización máis importante na historia de Galicia

O 21 de decembro de 1980 ratificouse en referendo e promulgouse o 6 de abril de 1981

TVG
G24.gal 06/04/2026 08:14

Tal día coma hoxe, hai 45 anos, Galicia constituíuse en comunidade autónoma. O 6 de abril de 1981 promulgouse o Estatuto de Autonomía. O proceso foi longo e complicado, pero abriu o período de modernización máis importante na historia de Galicia. Catro décadas despois, falamos con algúns dos seus artífices

Tras o intento fallido de 1936, Galicia puido acceder á autonomía unha vez aprobada a Constitución española do 78. Unha comisión de 16 persoas, de ideoloxía dispar, foi a encargarda de consensuar o proxecto. Foi o xerme do que se coñece como o Estatuto dos Dezaseis.

"A disparidade ideolóxica era grande, persoal non tanto; pero tamén había un espírito de buscar o acordo e a unidade que a Galicia lle cumpría", indica José Vázquez Fouz, exdeputado do Congreso e do Parlamento Europeo.

O proxecto chegou ás Cortes Xerais en 1979, pero fracasou por unha emenda da UCD que recortaba as competencias da autonomía. O que pasou á historia como o Estatuto da Aldraxe provocou unha masiva reacción popular e unha tormenta política que paralizou a tramitación do estatuto durante nove meses.

"Non só rompeu o consenso das filas significativas, que eran o PSOE e a UCD, e introduciu a AP na contraria ao statuto e na partidaria da reforma que despois se traballou no Hostal; eu empecei aí", lembra José Luís Barreiro Rivas, exvicepresidente da Xunta.

O pacto do Hostal pechou a redacción definitiva dun estatuto de primeira, equiparado ós de Cataluñe e País Vasco. O 21 de decembro de 1980 ratificouse en referendo e promulgouse o 6 de abril de 1981.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade