Publicador de contidos

Publicador de contidos

O incendio dun transbordador nas Filipinas deixa polo menos 28 mortos

O incendio dun transbordador nas Filipinas deixa polo menos 28 mortos

O barco levaba ao redor de 250 persoas, aínda que só había 205 rexistradas

G24.gal 30/03/2023 10:38

Polo menos 28 persoas morreron e  7 están desaparecidas. Puideron rescatar 230, entre as que hai polo menos nove feridas. O lume orixinouse nun transbordador de pasaxeiros en Basilan, no sur de Filipinas.

O barco MV Lady Mary III transportaba ao redor de 250 persoas, aínda que só había 205 oficialmente rexistradas. Foron os mesmos gardacostas os que axudaron a encallar o barco.

Pola súa banda, o gobernador de Basilan Hadjiman Salliman indicou que polo menos once cadáveres estaban dentro do barco, e o resto atopáronse no mar.

O barco cubría o itinerario da cidade de Zamboanga a Zulú, e investígase se verteu aceite ao mar como consecuencia do incendio.

Filipinas sofre cada ano numerosos naufraxios causados polo mal tempo, o incumprimento das normas mínimas de seguridade e a sobrecarga dos barcos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade