Publicador de contidos

Publicador de contidos

España rexistra máis de 22.000 novos contaxios nunha xornada

España rexistra máis de 22.000 novos contaxios nunha xornada

Cataluña, Navarra e Galicia encabezan o récord de positivos

Cataluña, coas restricións máis duras

Toque de queda en Cataluña
G24.gal 26/12/2021 14:27

Cataluña é nestes momentos a comunidade coas medidas máis duras para evitar o contaxio da covid, co toque de queda desde a unha ata as seis da mañá implantado nos concellos de máis de dez mil habitantes, e coas reunións limitadas a un máximo de dez persoas. Nas zonas do ocio nocturno de Barcelona, o traballo da policía é intenso para convencer os máis novos.

Toque de queda

Cataluña, xunto con Navarra e Galicia, encabezan esta fin de semana o récord de positivos. Segundo as últimas cifras do ministerio de Sanidade, facilitadas este venres, no conxunto de España rexistráronse nos últimos sete días máis de 267.000 contaxios.

Este sábado, segundo datos provisionais e en plena expansión da variante ómicron, en todo o país houbo máis de 22.000 novos contaxios.

En Madrid, outra das comunidades en peor situación, a única medida ata o momento tomouna o concello, que só permitirá o acceso á Porta do Sol en fin de ano de sete mil persoas.

Control do ocio nocturno

A medida que se estende por todo o país é o control do ocio nocturno, pechado en Asturias e Cantabria, e con restricións en Murcia e as Canarias. Euskadi e Navarra estudan a adopción de medidas conxuntas con vistas ás celebracións de fin de ano. 

Outras comunidades, como Andalucía, Castela e León, Castela-A Mancha e Estremadura non tomaron, polo momento, medidas restritivas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos