Publicador de contidos

Publicador de contidos

15 feridos nunha explosión accidental en Xirona

15 feridos nunha explosión accidental en Xirona

O suceso ocorreu durante un acto de divulgación científica

Entre os feridos hai 10 menores

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 30/09/2022 21:54

Quince persoas quedaron feridas, unha delas de gravidade, ao explotar un bidón de nitróxeno líquido durante un acto de divulgación científica en Xirona.

Entre os feridos hai dez menores de idade, tres deles graves e sete leves, e cinco adultos, deles un grave e catro leves.

O ferido máis grave foi o axudante do condutor desta animación científica que se celebraba no patio interior da casa da Cultura.

Mentres estas dúas persoas manipulaban dous grandes bidóns metálicos con nitróxeno líquido e vapor de auga, produciuse unha forte explosión. O suceso ocorreu arredor das 19:45 horas.

O axudante do condutor da demostración científica foi o que sufriu feridas de maior gravidade xa que a explosión se produciu mentres manipulaba os bidóns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar