Publicador de contidos

A Brilat reforza a colaboración co Sergas no rastrexo de contactos estreitos

A Brilat reforza a colaboración co Sergas no rastrexo de contactos estreitos

No último ano fixeron 1.700.000 chamadas

G24.gal 08/01/2022 14:09

A Brilat de Pontevedra leva máis dun ano rastrexando contactos estreitos de persoas infectadas coa covid-19. Dende o mes de decembro, tras o incremento de contaxios, reforzou a súa colaboración co Sergas.

Nestes momentos, traballan un total de 120 efectivos en quendas de corenta. Estes días están a facer preto de 12.000 chamadas diarias. Nos últimos doce meses, realizaron preto dun millón setecentas mil.

Ademais de avisaren os contactos estreitos, fan seguimento e axilizan as citas médicas ou as PCR. Coas persoas maiores illadas tamén fan labor de acompañamento e mesmo xestión de recursos de apoio en colaboración cos servizos sociais dos concellos.

Malia o susto inicial que producen estas chamadas, moitas persoas agradecen con cartas, mensaxes e mesmo condecoracións infantís o apoio do exército durante a pandemia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos