Cargando resultados...
SonDeSeu: "20 anos pasaron voando, iso é que o seguimos a pasar ben"
A Orquestra Folk SonDeSeu celebra o seu XX aniversario
Os 60 músicos de SonDeSeu revisarán os seus éxitos en acústico e sen amplificación en varios concertos este verán
A primeira parada da xira é o 3 de xuño no Teatro Colón da Coruña
Xiscó Feijoó e Xosé Liz, músicos de SonDeSeu
G24.gal
31/05/2022 16:33
SonDeSeu festexa 20 anos de existencia como orquestra folk, o que os coloca nun lugar excepcional do panorama musical, non só galego, tamén como os primeiros en Europa neste tipo de formacións. Son moitos profesores e alumnos do antigo Conservatorio de Música Tradicional da Universidade Popular de Vigo, a actual ETRAD, polo que só falaremos con dous deles, en representación de toda a formación.