Publicador de contidos

Publicador de contidos

'Ti decides', a campaña contra o consumo de alcol e drogas en Rianxo volve ás orixes

'Ti decides', a campaña contra o consumo de alcol e drogas en Rianxo volve ás orixes

Unha posta en escena cun cadaleito, unha padiola dunha ambulancia e un coche esmagado

A Praza Castelao foi o escenario onde concentraron os medios de emerxencias
G24.gal 23/12/2021 13:18

A praza de Castelao volveu ser o escenario dunha posta en escena para concienciar as persoas que conducen. Nesta ocasión, sumáronse os membros de Protección Civil de Rianxo e os bombeiros de Boiro. Diante de todos eles colocaron un vehículo accidentado, que deixou claro cales son os riscos de mesturar alcol e volante.

Un cadaleito, unha padiola dunha ambulancia e un coche esmagado. Así de contundente é a mensaxe que dende a Policía Local de Rianxo queren trasladar a todos os cidadáns e en especial as persoas que conducen. Queren evitar que collan o coche baixo os efectos do alcol e as drogas nestas datas na que a festa invita ao seu consumo. Concienciar e evitar que os equipos de emerxencias teñan que actuar de verdade é o que perseguen.

"Este ano o que decidimos foi volver ao comezo da campaña, que comezou en 2016 cunha fotografía parecida a que fixemos este ano. Na praza do centro, a praza Castelao, facer unha exposición de medios, para que a xente vexa dun xeito directo as consecuencias de conducir baixo os efectos do alcol e das drogas", di José Ramón Rial, Voceiro Policía Local de Rianxo. 

Unha mostra que emprega imaxes duras, como as que usaron en anos anteriores onde puideron recrear un accidente e as súas consecuencias en vídeo.

"É unha imaxe forte, ves un accidente, ves un coche desfeito, medios de emerxencia traballando, vese tamén un cadaleito, iso impacta. Con iso queremos concienciar", afirma Rial.

Seguirán a traballar para evitar que as festas non teñan un final tráxico, que está na man de cada un poder evitar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos