Cargando resultados...
'The quiet girl', estrea da semana no Zigzag
O filme retrata a Irlanda rural dos anos 80
The quiet girl é un canto ao silencio e un filme de detalles
G24.gal
23/02/2023 15:45
A nosa estrea da semana nas carteleiras é The quiet girl. Falamos do filme en gaélico máis visto da historia e que representará a Irlanda nos Oscar na categoría de mellor película internacional. Unha historia conmovedora sobre unha nena que vai pasar o verán cuns familiares da súa nai.