Poesía e música con Crúas e Mardeafora e homenaxe a Leilía das Tanxugueiras, nas músicas do 'Zigzag'
Poesía e música con Crúas e Mardeafora e homenaxe a Leilía das Tanxugueiras, nas músicas do 'Zigzag'
Crúas musica o poema 'Non chegarei a', de Yolanda Castaño
Mardeafora ponlle música a 'As crebas', de Susana Sánchez Aríns
Tanxugueiras homenaxea e Leilía facendo unha versión do tema 'O meu amor'
Crúas ponlle música ao poema 'Non chegarei a', de Yolanda Castaño, que forma parte do poemario 'Materia', co nome de 'Nai de ninguén'. Nel Yolanda fai unha referencia a 'Ya no' da poeta uruguaia Idea Vilariño, un poema que escribiu tras a ruptura con Juan Carlos Onetti. Con todo, Castaño non se queixa por un amor perdido, senón que reflexiona sobre a non maternidade.
Mardeafora é un trío de Marín que tamén ten na literatura un referente. Vai publicar unha canción baseada nun poema de Mario Obrero e podemos escoitar polo momento 'No bordo da praia', no que poñen música ao poema 'As crebas', de Susana Sánchez Aríns, publicado no libro 'A noiva e o navío'.
Tanxugueiras renden homenaxe a Leilía versionando 'O meu amor'. Un dos temas máis intensos e solemnes do repertorio das pandeireteiras compostelás. Tanxugueiras recoñencen que as Leilía foi o detonante de empezar elas na música e que foron a porta de entrada para as nosas antergas para moitas rapazas. O tema dedícanllelo a todas as mulleres que gardaron nas súas gorxas o eco das letras e melodías tradicionais.