Cargando resultados...
Pablo Castaño e Iván Vilela: o encontro entre a música nordestina, a galega e o jazz
Pablo Castaño e Iván Vilela: o encontro entre a música nordestina, a galega e o jazz
O violista Iván Vilela e o saxofonista Pablo Castaño publican por vez primeira un disco xuntos
As voces de Gabi Reboredo e de Felisa Segade inclúense en dous temas do disco Matriz
O disco Matriz en formato vinilo produciuno aCentral Folque
G24.gal
06/06/2023 15:07
Última actualización 06/06/2023 16:38
A combinación do saxo coa viola portuguesa de dez cordas é algo ben orixinal. Os intérpretes son Pablo Castaño, un nome destacado do novo jazz galego, e Iván Vilela, un recoñecido instrumentista da música brasileira.
Ambos xuntáronse grazas á Central Folque, que lles produciu un disco, chámase Matriz, que agora están promocionando. O resultado: sons que con naturalidade van dende a improvisación do jazz ao feitizo dos ritmos brasileiros.