Óscar Fuertes e Iago Penedo: "O edificio é secundario, o Estaleiro Ciprián xorde do oficio de carpinteiro"
Óscar Fuertes e Iago Penedo: "O edificio é secundario, o Estaleiro Ciprián xorde do oficio de carpinteiro"
Coa rehabilitación do Estaleiro Ciprián gañaron un dos premios da Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo
Na ría de Noia, entre O Freixo e A Ponte Nafonso, hai catalogados 50 espazos de construción de barcos
Tras a rehabilitación, o Estaleiro Ciprián, situado na enseada de Broña, é agora un espazo museístico
"É un patrimonio cultural que explica a transformación do territorio e o modo de vida da xente do mar", con esta frase os arquitectos Óscar Fuertes e Iago Fdez Penedo explicaban o seu traballo de rehabilitación do Estaleiro Ciprián de Broña, que acaba de ser galardoado cun dos premios da Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo. Hoxe achegámonos con eles ás súas obras e tamén ao que significa o patrimonio marítimo en Galicia.