'O auto das ánimas', abraiante debut de Pablo Lago Dantas, con Begoña Vázquez
'O auto das ánimas', abraiante debut de Pablo Lago Dantas, con Begoña Vázquez
O auto das ánimas, de Pablo Lago Dantas, estreouse no festival suizo Visions du Reel
Asedio, un thiller sobre antidisturbios de Miguel Ángel Vivas
Rita Azevedo reinterpreta a Rhomer en O trío en si bemol
O auto das ánimas ofrécenos a imaxe dunha Galicia que comeza a esvaecer, de tradicións que se van perdendo e de cambios xeracionais irreversibles. Pablo Lago fala en primeira persoa: marchou con apenas 18 anos, desexoso de romper con todo, de levar outra vida e, agora, con 40, experimentou a necesidade de facer o documental para achegarse ós seus e tentar comprendelos.
A estrea de cine español destacada é Asedio de Miguel Ángel Vivas. A protagonista é Natalia de Molina e no elenco atopamos a un actor galego, Federico Pérez. É un thriller policial incómodo, duro, claustrofóbico, no que hai crítica social, moita acción e cara ao final algo de terror.
E para os amantes do cine máis pausado, de largas tomas e diálogos, a directora portuguesa Rita Azevedo estrea O trío en mi bemol, unha película que agocha outra peza dentro xa que o filme está inspirado na única obra de teatro que escribiu Eric Rohmer nos anos 80 e que leva o mesmo título.