Cargando resultados...
Miguel Piñeiro: hiperrealismo pop para retratar a sociedade de consumo
O pintor hiperrealista vilagarcián retrata 10 obxectos recoñecibles do noso imaxinario
A cor base dos cadros é a que determina o obxecto que a protagonizará
'Colours', ata o 17 de febreiro pódese ver en Moret Art, A Coruña
G24.gal
18/01/2023 16:00
Cinco anos despois da súa última mostra en Moret Art, o artista plástico Miguel Piñeiro amósanos o traballo dun ano. Dez obras de minuciosa factura que teñen como fío condutor a cor como base para propoñernos unha viaxe polo imaxinario de consumo da varias xeneracións. Dun realismo incrible.