Publicador de contidos

Publicador de contidos

Miguel Cavadas: "Emigrar é escindirse, o difícil é volver"

Miguel Cavadas: "Emigrar é escindirse, o difícil é volver"

'Himno nacional' nace da experiencia dun mozo galego de clase obreira no tecido social e laboral dos Estados Unidos

Trátase dun texto sobre a nova emigración no que traza un diálogo cos galegos que o precederon e coa emigración latinoamericana

'Himno nacional', publicado por Chan da Pólvora, gañou o XXXVII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón 

G24.gal 22/09/2025 14:40 Última actualización 22/09/2025 16:34

Cales son os trazos característicos da nova migración galega? Como compoñer o himno dunha colectividade en tránsito? Como confiar aínda no futuro? Preguntas de difícil resposta. Quizais, o amor, insinúa Miguel Cavadas neste poemario, sexa o único xeito de construír un fogar alí onde non o hai. 'Himno nacional' é o seu primeiro poemario, as cinzas do soño americano e con el levou o premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade