Cargando resultados...
Marcos Covelo: "Na cor está a ligazón coa pintura, o medio e o soporte"
O soño de Ícaro é unha produción cerámica de formas brandas que o artista denomina manchas
O sentido do humor e a ironía son constantes na obra de Marcos Covelo
Marcos Covelo, artista
G24.gal
30/05/2022 17:11
O soño de Ícaro como idea conceptual para unha mostra, non en cera, senón en cerámica, do artista vigués Marcos Covelo, na cal experimenta con materiais e formas desde hai uns anos. Unha exposición aberta no Espazo Sirvent de Vigo.