Publicador de contidos

Publicador de contidos

Manolo González: "Bernardino de Lamas quería atrapar coa súa cámara os momentos felices da vida"

Manolo González: "Bernardino de Lamas quería atrapar coa súa cámara os momentos felices da vida"

Bernardino de Lamas é o pseudónimo do xornalista Alfonso Piñón, un dos pioneiros cineístas afeccionados de Galicia

Comprometido coa natureza, coa súa cámara Pathé Baby de 9,5 milímetros comezou a filmar montes, paisaxes ou romarías

De Lamas gravou trescentas películas en Ferrolterra entre 1924 e 1935. Unha parte gárdanse na Filmoteca de Galicia .

G24.gal 04/06/2025 15:03 Última actualización 04/06/2025 16:45

Cineísta: palabra en desuso referida a un afeccionado co cinema doméstico que nin sequera pretende facer un filme, senón 'atrapar a vida' do seu círculo privado. 

Hoxe falamos dun cineísta que sempre dicía que 'lembrar é vivir' e que quizais por isto tentou capturar coa súa cámara todos os momentos felices que viviu. Falamos de Alfonso Piñón ou de Bernardino de Lamas, o seu alter ego, a quen imos coñecer un pouco máis grazas ao libro de Manolo González: 'O cineísta andarengo' editado por Embora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade