Publicador de contidos

Publicador de contidos

Loli Vilavedra: "'Eu son o monte' non é un libro compracente, pero implícate no seu universo"

Loli Vilavedra: "'Eu son o monte' non é un libro compracente, pero implícate no seu universo"

'Eu son o monte', de Sara Guerrero, leva xa catro edicións a cargo de Euseino

A autora relata a súa estadía en Galicia emigrada dende a Cidade de México

Cun xeito de narrar directo, Sara acada matices delicados da proximidade mais tamén os da aspereza da literatura de cerna, sen coiraza e aberta ao mundo

G24.gal 16/09/2025 15:02 Última actualización 16/09/2025 16:50

Temos nova colaboradora no espazo que dedicamos aos libros. Ela profesora, crítica, escritora, colaboradora tamén cos compañeiros da Radio Galega e unha lectora con gusto e criterio da que seguro imos aprender moitísimo.

Dolores Vilavedra inaugura a súa ventá literaria con Eu son o monte, de Sara Guerrero. A autora mexicana conta neste libro, ao tempo fami­liar e inhóspito, a chegada dunha parella a unha aldea galega. Regresan á casa semiabandonada dos devanceiros e forman parte dos que logo de xeracións volven de América. Non será un retorno doado para ninguén.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade