Juan Arca: "Tento darlle á música certo carácter audiovisual, como unha especie de espazo para imaxinar"
Juan Arca: "Tento darlle á música certo carácter audiovisual, como unha especie de espazo para imaxinar"
A indietrónica, a canción ibérica, a música clásica contemporánea, o jazz e o pop alternativo únense na proposta musical de Lontras
As letras dos temas combínanse con harmonías sofisticadas e unha produción preciosista, construíndo verdadeiras paisaxes sonoras
As letras e músicas foron escritas por Juan Arca, agás un dos temas que está baseado nun poema de Álvaro Cunqueiro
"Cando pecho os ollos
sempre escoito a túa voz
xogo a imaxinar
historias de ciencia ficción".
Así comeza 'Neve e luz', un dos temas do novo disco de Lontras, 'Caras de lume'. Hoxe falamos aquí deste disco e desta formación con Juan Arca, un dos seus compoñentes. Lontras invocan os grandes mestres da música popular brasileira e revístenos de texturas e atmosferas próximas á música de Sakamoto ou Radiohead. Esta é só unha das apócemas que empregan os Lontras para o seu primeiro disco.