Cargando resultados...
Isabel Risco: "As mulleres temos que reivindicar o noso espazo no humor"
Manel Cráneo e Carlos Ares ilustran e guionizan as aventuras de Nabiza Girl, editada en formato de fanzine
Nabiza Girl é a superheroína rural galega con denominación de orixe protexida e poderes que proveñen do sulfato
G24.gal
17/03/2023 15:42
Última actualización 17/03/2023 17:01
"Conta ben, ho! Todo comezou como comezan as grandes historias, movendo un marco". Así comeza Operación Breogán, o primeiro cómic coas aventuras de Nabiza Girl, unha superheroína cos poderes que proceden do sulfato a quen lle dá vida Isabel Risco. Hoxe non trouxo a fouce, pero xa está polo Zigzag para celebrarmos xuntas precisamente o Día do Cómic.