Cargando resultados...
Grampoder: "Iso de que nos facemos máis sabios coa idade parécenos un embuste"
Este novo disco PM chega 8 anos despois de Tigerland
Son 10 cancións feras e desencantadas que soarán este sábado na Festa da Chuvia en Rianxo
Le Roi e Martin Wu, músicos de Grampoder
G24.gal
07/04/2022 16:23
Como se dunha catarse existencial se tratase, o dúo compostelán Grampoder cumpre anos e analiza o seu presente vital, cunha certa dose de pesimismo. Esas sensacións vértenas no seu novo traballo, PM, un título que alude a todo o que acontece a partir da metade da xornada, cando comeza a anoitecer.