Cargando resultados...
Gabriela Ortiz: "Hai que reivindicarse fóra do nicho da música exótica"
A obra de Ortiz interpretouse nalgúns dos principais festivais internacionais de música contemporánea
Compuxo a obra Altar de bronce para Pacho Flores estreada pola Sinfónica de Galicia
G24.gal reivindicando
20/04/2023 16:07
Última actualización 20/04/2023 16:47
Gabriela Ortiz é unha das grandes compositoras de música clásica contemporánea. Mexicana, os seus sons beben da tradición folclórica do seu país e da música dos autores clásicos. Hai uns días estivo na Coruña para a estrea da súa última obra, un concerto para trompeta escrito especialmente para Pacho Flores. Foi un encargo conxunto da Sinfónica de Galicia con outras orquestras internacionais.
Nós estivemos con ela e contounos o complicado que é para as autoras latinoamericanas que figuren nos programas das grandes orquestras.