Fernando Castro Paredes: "Os roles de vítima e verdugo poden cambiar en calquera momento"
Fernando Castro Paredes gaña o premio do 75 aniversario da editorial Galaxia con 'O lanzador de coitelos'
Un sicario, a súa vítima e un poeta húngaro cego, son os personaxes centrais desta novela
Con envoltorio de thriller a novela afonda en cuestións como a memoria, a identidade ou o fracaso
Un sicario recibe a encarga de secuestrar un coñecido poeta húngaro emigrado a París, cego, candidato ao premio máis importante da literatura no mundo. Na súa particular maneira de traballar este asasino a soldo, comeza a estudar a fondo o seu obxectivo. Nesa investigación peculiar agroma o seu propio pasado e o pasado do poeta que procede do circo, dunha familia de lanzadores de coitelos. Memoria, fracaso, identidade, campos de concentración… reflexións que saen desde unha envoltura de thriller. Así é 'O lanzador de coitelos' flamante premio co que a editorial Galaxia celebra os seus 75 anos e que levou nesta nova edición Fernando Castro Paredes.