Publicador de contidos

Publicador de contidos

Expresso Transatlántico, Don Letts e A Tol, nas músicas do 'Zigzag'

Expresso Transatlántico, Don Letts e A Tol, nas músicas do 'Zigzag'

O MUMI, o encontro das músicas co Miño, potencia a mobilidade entre artistas lusos e galegos

Don Letts, cando as músicas xamaicanas se atoparon co punk 

A Tol non dubida entre viño branco e viño tinto

G24.gal 20/09/2023 14:24 Última actualización 20/09/2023 17:15

Esta fin de semana ten lugar o MUMI, na eurocidade Tui-Valença. Un dos grupos portugueses que poderemos ver alí é Expresso Transatlántico, unha das revelacións do pasado WOMEX. Un trío capitaneado por Gaspar Varela, bisneto da fadista Celeste e que leva a guitarra portuguesa a novas sonoridades.

E no Maré poderemos escoitar a Don Letts, figura fundamental no nacemento do punk británico. Formou parte 'Big audio dynamite' xunto con Mick Jones dos Clash. El foi o artífice do achegamento do punk as músicas xamaicanas.

E en tempos de vendima, o músico Forne debate sobre se é mellor o viño tinto ou o branco nun tema cun videoclip rodado na taberna O Lelé de Noia con Miguel de Lira e John Eastman como protagonistas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos