Enchente de festivais, con Maré, Our fest e Psicotroita
The Homens volven aos escenarios en Sigüeiro tras 10 anos de "retiro"
Bombino, a guitarra do deserto este venres na Capitol de Santiago
Happy Mondays reviven o Madchester dos noventa en Ourense
Esta fin de semana poderemos escoitar unha man chea de música en directo con opcións para tódolos gustos. Na Psicotroita, en Sigüeiro, terá lugar o concerto reunión de The Homens, mítica banda de power pop compostelán que se reúne tras dez anos en barbeito.
Cerca de alí, en Compostela o Maré reúne grandes nomes internacionais e galegos no que será unha gran festa da diversidade, dende Sol Band de Palestina ata Felisa Segade, ou Bombino, o guitarrista tuareg presentará o disco Sahel.
E en Ourense os Happy Mondays rememorarán a época máis salvaxe do son Madchester, que nos noventa os converteu no grupo máis exitoso desa escena, xunto The Stone Roses. Música dance, punk e electrónica que defenderán en directo no escenario do Ourfest.