Cargando resultados...
Elsa Muñiz: "Hai que pasar por certas cousas para darte de conta de que só hai unha vida"
New Beginnings é unha narración musical sobre o renacer, a toma de decisións e busca da autenticidade
Este segundo disco enmárcase dentro da proposta de pianotelling que fusiona a composición, a interpretación e as narrativas emocionais
Próximos concertos da xira: o 19 setembro en Santiago, 28 na Coruña e 10 de outubro no Liceo de Ourense
G24.gal
17/09/2025 13:37
Última actualización 17/09/2025 16:49
Adentrámonos agora nunha viaxe emocional, profunda e íntima, unha viaxe sonora narrada neste caso pola voz dun piano. New beginnings é o novo traballo de Elsa Muñiz.
Un disco que nos sitúa no comezo dun novo camiño, dunha aposta vital, dunha música que un día decidiu deixar a seguridade do seu traballo para buscar un soño. Desde aí, a carón dese mar da ría de Arousa emprendemos viaxe con ela.