Eduardo Soutullo: "Ante a guerra de Ucraína, tiña que facer algo que servise como revulsivo"
Eduardo Soutullo conseguiu o Premio Nacional de Música 2023 na modalidade de composición
A cantata O lamentou do xirasois é un alegato antibelicista cos versos da ucraína Lesya Ukrainka
O xurado destacou o recoñecemento internacional de Soutullo e en especial O lamento dos xirasois
Por primeira vez un galego recibe o máximo galardón da composición musical en España, o Premio Nacional que concede cada ano o Ministerio de Cultura. Eduardo Soutullo acaba de conseguilo.
En plena guerra contra Ucraína, Eduardo Soutullo estreou en San Petersburgo unha obra cos versos antibelicistas da poeta ucraína Lesya Ukrainka. Esa obra que conseguiu estrearse e ser premiada, no cerne de Rusia, en San Petersburgo, foi destacada polo xurado que lle outorgou o Premio Nacional na categoría de composición a Eduardo Soutullo.