Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		A galería Dodo Dadá quere recuperar o pulo artístico de Ourense
A nova galería de arte ourensá, Dodo Dadá, está situada na zona antiga, na rúa Liberdade
A primeira mostra dedícase ao pintor Miguel Mosquera
                
                    
                        O artista que inaugura o espazo, Miguel Mosquera
                    
                    
                    
                    
            
        
                            G24.gal
                        
                            29/03/2023 16:00
                        
                        
                                Última actualización 29/03/2023 16:42
                        
                        
                    
                    Abre nova galería de arte na zona vella de Ourense, chámase Dodo Dadá. Os pintores Marita Carmona e Xosé Vilamoure, son os promotores desta empresa. O seu reto é crear un espazo artístico que sexa algo máis que unha galería ao uso: haberá cursos de pintura e actividades culturais de diversa índole. Inauguraron cunha antolóxica do artista ourensán Miguel Mosquera.