Cargando resultados...
'Deadpan karaoke', a busca do amor no tardocapitalismo salvaxe
Marián Bañobre interpreta unha Deadpan gris, que non pode expresar emocións
A peza, de Ibuprofeno Teatro, fala do amor na sociedade actual a través do humor, a música e o cine
Teñen representacións o 21 de outubro en Cangas, 11 de novembro en Vigo e 26 en Caldas de Reis
G24.gal
17/10/2023 15:11
Última actualización 17/10/2023 16:21
Deadpan Karaoke é o título da décima montaxe de Ibuprofeno Teatro. Patricia Rodríguez dirixe a Marián Bañobre nunha obra unipersoal de carácter cómico que fala do amor na sociedade contemporánea. Este espectáculo, que transita entre o real e o onírico, aúna humor, música e a participacion do público.