Cargando resultados...
David Rubín: "En 'O lume' pregúntome de que serve a arte nun mundo que se esborralla"
David Rubín saca simultáneamente en galego e castelán O lume
A versión en galego publícaa Demo Editorial e conta coa colaboración de librarías de toda Galicia
O impacto dun asteroide sitúa a Terra nun tempo preapocaliptico que precisa un heroe
G24.gal
02/12/2022 16:32
Un asteroide está a piques de colidir coa terra. Os humanos preparan un plan para destruílo, pero por se falla hai un arquitecto, Alexander Yorba, encargado de crear unha colonia lunar para salvar a humanidade ante o inminente impacto. Yorba dedícase ao proxecto en corpo e alma ata que é diagnosticado cun tumor terminal que o leva a abandonar todo e reencontrarse coa súa familia. Desde aí Yorba pode ser o heroe ou o vilán. Aos mandos desta historia feita banda deseñada, o gran David Rubín.