Cargando resultados...
David Catá: "Coser a pel para min é un pequeno acto de amor"
Tras anos na fotografía e as artes plásticas, David Catá estréase como músico e compositor
Origen é o título do seu primeiro disco, que se inspira na súa arte
O seu proceso creativo dialoga coa memoria persoal e coa creación

G24.gal a pel é unha fronteira
22/01/2023 11:30
Cando a arte o inunda todo que mellor que deixar que se mesture. David Catá é artista multidisciplinar. As súas pinturas, esculturas e fotografía ábrenlle paso agora ao seu primeiro disco que se enraíza co resto da súa obra. Chámase Origen e complementa a súa consolidada traxectoria como fotógrafo e artista plástico.