Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cynthia Menéndez: "Agora parécenos moi perigoso dicir que non porque queren afastarnos da conciencia de clase"

Cynthia Menéndez: "Agora parécenos moi perigoso dicir que non porque queren afastarnos da conciencia de clase"

'Son coma glaciares os barcos de aceiro' narra o conflito do naval no Vigo dos 90 a través dos ollos dun neno 

O punto de partido da novela foi o peche dos traballadores de Barreras na Noiteboa de 1997

Cynthia Menéndez presentou a novela nos asteleiros Cardama en Vigo e Purro en Bueu

G24.gal 30/05/2025 14:22 Última actualización 30/05/2025 16:50

"Bañarse no peirao é como a loita obreira, todo ou nada", iso escribe Cynthia Menéndez que na súa primeira novela trasládase ao Vigo dos anos 90, con toda a cidade na rúa contra a  privatización do estaleiro de Barreras. Falaremos con ela da conciencia de clase a propósito da publicación de 'Son coma glaciares os barcos de aceiro'.

Unha novela editada por Galaxia que toma como punto de partida a noiteboa de 1997, cando traballadores de Barreras e os seus familiares pecháronse no estaleiro para protestar contra a súa inminente privatización. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade