Publicador de contidos

Publicador de contidos

"Os salarios de Mina e Denis impiden facer todas as operacións que queriamos"

"Os salarios de Mina e Denis impiden facer todas as operacións que queriamos"

Entre os dous xogadores levan o 20 % da masa salarial do club

"Equivoqueime cando fichamos a Santi Mina", recoñeceu Carlos Mouriño

G24.gal 28/07/2022 11:47

Carlos Mouriño tamén quixo explicar a situación de Santi Mina. Será de longo percorrido porque haberá denuncias cruzadas. O Celta non quere pagar polo "grave prexuízo que lle fixo á entidade", pero o feito de ter que agardar pola sentenza definitiva da xustiza dilata os prazos. 

O que si recoñeceu Mouriño é que con Mina "equivoqueime no momento do regreso". Confesou que se fiou da palabra dos representantes do xogador e non incluíu ningún tipo de cláusula liberatoria malia que o conflito xudicial xa estaba en curso. 

Tamén quixo falar da incidencia que ten soportar dous dos cinco salarios máis altos con Denís e Mina: "Eles levan o 20 % da masa salarial do club e non poderemos facer todas as operacións de mercado que queriamos por iso". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos