Carmen V. Valiña: "Non todas as mulleres de Conxo tiñan trastornos, moitas só desafiaban os roles de xénero da época"
Carmen V. Valiña: "Non todas as mulleres de Conxo tiñan trastornos, moitas só desafiaban os roles de xénero da época"
Todos os testemuños recollidos no libro proceden das historias clínicas das internas manicomio de Conxo entre 1885 e 1936
Moitas das internas tiñan características comúns: procedían do medio rural, eran pobres e, en moitos casos, analfabetas
Conxo era a maior institución mental do nororeste peninsular ata ben entrado o século XX, a única de propiedade directa da Igrexa
"Encarnación, 18 anos, ingresada en Conxo por notar nela 'cousas desusadas e un marcado delirio erótico'. Consuelo, 35 anos, 'Abandona os labores do fogar, ao saír da casa non lles deu un bico aos fillos, lévalles a contraria aos familiares".
É unha das notas recollidas nas historias clínicas de mulleres que foron encerradas no psiquiátrico de Conxo a comezos do século XX. Carmen Valiña rescata o testemuño destas mulleres no libro 'As tolas que non o eran', editado por Galaxia.