Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Carme Varela: "Antón Beiras poñía os veciños en primeiro plano"
O colectivo Legado Activo Antón Beiras Cal organiza a mostra fotográfica 'A malla de Pascual, 1957'
A cámara do médico e galeguista retratou a súa historia e a daqueles que tiñan cerca
Olga Novo, Daniel Díaz, Bruno Esperante, Carlos L. Bernárdez, María Luz Guerreiro e Carme Varela, participan cos seus textos na mostra aberta en Muras
                            G24.gal
                        
                            19/09/2024 14:47
                        
                        
                                Última actualización 19/09/2024 16:23
                        
                        
                    
                    Nos anos 50 o oftalmólogo e investigador Antón Beiras retrataba coa súa cámara os labores dunha malla nunha aldea de Muras. Xusto a carón da casa da súa muller, a mestra e pedagoga Antía Cal. Aquelas fotos reaparecen agora, 67 anos despois, nunha exposición: 'A malla de Pascual 1957'.
 
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
        