Cantometrics: "Queremos relacionar a música tradicional galega coas de outras latitudes"
O disco de Cantometrics recolle e transforma pezas que o musicólogo Alan Lomax e Jeanette Bell gravaran nos anos 50
O toque de chifro gravado en Faramontaos en 1952 acabou sendo o inicio do tema "The Pan Piper" de Miles Davis
Cantometrics en directo o día 10 nas xornadas 'O que non se escribe' en Santiago e o 16 nas Xornadas Etnográficas da Mariña
Nun día de inverno de 1952, seis nenos de Pontevedra reproduciron para Alan Lomax as melodías que lle cantaran aos maios a primavera anterior. 70 anos depois daquela viaxe do musicólogo americano Alan Lomax a Galicia, o arquivo das gravacións que fixo segue sendo fonte de estudio e reinterpretación.
Hoxe visítannos Marina Fernández Vigo e Luís Sánchez Bolón que son dous dos compoñentes de Cantometrics e que nos traen o seu primeiro disco que revisita o arquivo de Lomax.