Candido Pazó: "O Xestal ten un mundo de luces e sombras que fai que sexa un personaxe moi interesante"

Carlos Díaz, O Xestal, foi humorista, músico, regueifeiro e narrador. Este ano Carballo celebra o Ano do Xestal
C. Pazó dirixe Apaga o candil, unha obra que reivindica a figura do Xestal, con Avelino González e Toni Salgado en escena
Apaga o candil, coproducido polo FIOT e Contraproducións, estreáse o venres no Pazo da Cultura de Carballo
"Fun dos que sufrín moitos insultos e humillacións por falar no noso idioma e eu facíao no medio que podía, no medio humorístico". Así falaba Carlos Díaz, a quen todos coñeciamos como O Xestal. Foi unha das figuras máis populares en Galicia nos anos 80... pero tan popular como descoñecido en moitos aspectos. Este ano, Carballo celebra o ano do Xestal e no seu festival de outono de teatro, non podía faltar el. Así que, este venres estréase Apaga o candil, dirixida por Cándido Pazó.