Botamos un baile, ou como investigar un campo académico virxe: as verbenas
As orquestras de verbena, con músicas bailables, nacen nos anos 20 e 30 formadas por compoñentes das bandas de música
A exposición comeza cunha recompilación de programas orixinais de festas dende os anos 20 ata 1935
Cunha estética rompedora, o primeiro cartel que se conserva é o da Orquestra Sintonía de Vigo de 1969
A principios do século XX en Galicia espallábase un xeito distinto de gozar da música popular e da festa. Chegaban ritmos como o tango, o charleston, as habaneras, o jazz... e os músicos das bandas reciclábanse en novas formacións. Das bandas ás orquestras, e coas orquestras chegaron as verbenas.
Hoxe imos repasar a historia das orquestras a través dunha exposición que xa está aberta na Cidade da Cultura cos seus comisarios Zósimo López e Henrique Neira.