Cargando resultados...
Beatriz Blanco: "A arte prodúceme placer cando creo e tamén cando observo"
Un dos obxectivos deste proxecto é mesturar funcionalidade, deseño, artesanía e arte
Para facer as súas obras emprega materiais pouco convencionais, tamén de refugallo
'Ilumino'. Isabel Blanco. Ata o 18 de xuño na Galeria Metro de Santiago de Compostela
G24.gal
27/05/2024 14:44
Última actualización 27/05/2024 16:45
Mesturar funcionalidade con deseño, artesanía e arte é todo un reto. Coa súa última mostra, a creadora Beatriz Blanco acada o seu obxectivo empregando materiais pouco convencionais, incluso de refugallo. 'Ilumino', titulo do proxecto que presenta na Galería Metro de Santiago ata o 18 de xuño, é unha metáfora sobre como podemos ver a realidade coa suma de luces diversas.