Anxo Pintos: "O repertorio dos tres músicos convidados entra como volcán en erupción co noso"
Entreterras, o novo espectáculo da Orquestra Folk de Galicia, SonDeSeu, tece as músicas de raíz de Galicia, Portugal e Canarias
Nos dous concertos semiacústicos de presentación participarán Sés, o canario Hirahi Afonso e portugués Daniel Pereira
Entreterras: 24 de maio no Teatro Afundación, Vigo, 2 de xuño, Pazo da Cultura de Narón
Dirixida por Xaquín Xesteira, a orquestra SonDeSeu presenta mañá no Teatro Afundación de Vigo, o seu novo espectáculo. Chámase Entreterras. Un meridiano invisible tece un fío sonoro que a través das músicas de raíz, une xeograficamente a Galicia, Portugal e as Canarias. Así nace este novo proxecto de SonDeSeu, no que a Orquestra Folk de Galicia se acompañará de artistas comprometidos coa innovación e o respecto ás músicas tradicionais dos seus territorios.