Cargando resultados...
Antonio García Teijeiro, escritor: "Non creo na poesía nin na arte fría, creo nas emocións"
'Se falases de min' é un libro-CD, un contedor onde poesía, palabra, música e pintura se funden
Paco Ibáñez, Alberto Cunha, desde a música e Xulio G. Rivas, desde pintura dan vida aos textos de Teijeiro
No libro inclúese un CD con cancións e recitados de 'Palabras envoltas en cancións' e 'Cando caen as follas'
G24.gal
18/10/2022 16:43
Os libros sempre agocha sensibilidades, reflexións... e algúns coma este agroman tamén de creatividades diversas, de amizades fecundas, de versos, de pintura ou de música. Palabras que envolven cancións cando caen as follas, como 'artefacto' 'Se falases de min': un obxecto ambicioso, un contedor de artes e sensibilidades fiadas por Antonio García Teijeiro.