Cargando resultados...
Antón Sobral: "Quero dar acougo ás persoas que miran as miñas pinturas"
Setenta pezas e proxectos realizados nos últimos cincuenta anos compoñen a mostra 'Océano Sobral'
A mostra quere ser unha viaxe pola polifacética traxectoria artística de Sobral, pero tamén polo seu activismo cultural
'Océano Sobral', ata o 4 de outubro na sede de Afundación de Vigo
G24.gal
16/09/2025 14:58
Última actualización 16/09/2025 16:33
"Vida e arte son a mesma cousa". Desde esta filosofía, o artista Antón Sobral foi percorrendo os últimos 50 anos. O mar, a luz, o compromiso social ou a poesía marcan esta traxectoria artística que agora podemos ver en Afundación de Vigo na mostra 'Océano Sobral'.