Alfonso Costa e Isabel Pintado: "María Casares era unha loitadora"
Escenarios de paixón é unha exposición conxunta de Costa e Pintado, en homenaxe á actriz María Casares na Fundación Granell de Santiago
Con distintas técnicas e estilos, os dous artistas trasladan a forza de María Casares aos seus traballos
Os dous artistas plásticos traballaron na exposición de maneira paralela, pero sen interferirse
Unha conversa entre artistas sobre outra artista, deu pé a Escenarios de paixón. Alfonso Costa e Isabel Pintado, dous artistas plásticos ben coñecidos, conversaron sobre unha muller singular, a actriz María Casares que ambos os dous admiraban. Dos escenarios teatrais, da forza da actriz e muller, da súa mirada naceu a Exposición Escenarios de paixón. Unha homenaxe a María Casares na Fundación Granell de Santiago.