Publicador de contidos

Publicador de contidos

O dianteiro galego Lucas Pérez volve ao Cádiz como axente libre

O dianteiro galego Lucas Pérez volve ao Cádiz como axente libre

Disputou 29 partidos na súa anterior etapa no Cádiz e conseguiu seis goles

Foto Cádiz Foto Cádiz
G24.gal 02/04/2026 16:59 Última actualización 02/04/2026 17:05

O Cádiz, décimo oitavo clasificado da liga, anunciou este xoves a fichaxe do veterano dianteiro galego Lucas Pérez, que estaba libre e volve ao club no que militou a tempada 2021-22 e a seguinte. O club gaditano fichou ao ariete, de 37 anos, ata o final de tempada ao aproveitar a posibilidade regulamentaria de contratar a un futbolista sen equipo, tras o paso de Lucas Pérez a pasada campaña polo PSV Eindhoven neerlandés, no que só xogou dous partidos.

Lucas Pérez, formado nas categorías inferiores do Atlético de Madrid e cunha ampla traxectoria en diferentes equipos españois e estranxeiros, disputou 29 partidos na súa anterior etapa no Cádiz e conseguiu seis goles. O galego debutou como profesional no Raio Vallecano na tempada 2009-10 e, tras o seu paso polo conxunto rayista, recalou na liga de Ucraína para xogar primeiro no Karpaty Lviv e despois no Dinamo de Kiev.

O seu seguinte destino foi o PAOK de Salónica grego, club desde o que retornou á liga española para debutar en Primeira División nas filas do Deportivo da Coruña. Os 17 goles obtidos na tempada 2015-16 cos deportivistas espertaron o interese do Arsenal londiniense, primeiro equipo inglés no que xogou Lucas Pérez antes de fichar polo West Ham.

De volta a España, na tempada 2019-20 asinou polo Alavés, no que permaneceu dúas tempadas ata a súa fichaxe polo Elxe, desde o que pasou ao Cádiz na súa primeira etapa. Posteriormente, Lucas volveu ao Deportivo, club co que a pasada campaña anotou tres goles na súa visita ao estadio Novo Mirandilla de Cádiz no triunfo dos coruñeses por 2-4 na xornada 17, antes de abandonar o equipo da súa terra para unha afrontar unha efémera presenza no PSV

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade