Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lucas Pérez, que se recupera dunha tuberculose, marcha do PSV

Lucas Pérez, que se recupera dunha tuberculose, marcha do PSV

“Volvo estar san, traballo moi duro para estar a lume de biqueira a próxima tempada”, declarou Lucas Pérez aos medios oficiais do PSV

G24.gal 28/05/2025 17:30 Última actualización 28/05/2025 17:34

O PSV anunciou este mércores que o dianteiro galego Lucas Pérez, que se recupera dunha tuberculose padecida o pasado mes de marzo, non continuará no equipo a tempada 2025-26.

Un anuncio que coincide co peche da investigación sanitaria aberta polo GGD Brabant-Zuidoost no club neerlandés, a cal revelou que a última toma de mostras revelou “un resultado negativo” do resto de xogadores do plantel.

“Volvo estar san, traballo moi duro para estar a lume de biqueira a próxima tempada e estou moi contento de volver”, declarou Lucas Pérez aos medios oficiais do PSV.

O PSV tamén agradece ao excapitán do Deportivo o seu “compromiso” durante a súa etapa no club e deséxalle “o mellor” no futuro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade