Cargando resultados...
Alberto Vecino: "Dende a adolescencia a música sempre foi un consolo para min"
Erosión son 10 cancións que falan da perda, da dor e tamén de esperanza
O sábado preséntanno en concerto no Casino 1889 de Carballo
G24.gal
19/04/2022 16:29
Sempre semella doloroso falar das ausencias, pero, a un tempo, traémolos á vida cando falamos dos que xa non están. Para Alberto Vecino, vocalista de Chicharrón, o seu proceso para sandar as feridas, pasou por compoñer cancións e cantalas. Tres discos desde o 2018, a modo de diario, da enfermidade e morte da súa nai Teresa. O último titúlase Erosión e preséntao esta fin de semana en Carballo.