Agar Ledo: "'A barca de Caronte' simboliza o paso do esquecemento á recuperación da memoria pola que traballou Díaz Pardo"
Agar Ledo: "'A barca de Caronte' simboliza o paso do esquecemento á recuperación da memoria pola que traballou Díaz Pardo"
'A barca de Caronte', a travesía vital de Isaac Díaz Pardo, pode verse no Museo de Belas Artes da Coruña ata decembro
A mostra amosa a súa faciana máis descoñecida, como o encargo do Val dos Caídos, ou a súa etapa arxentina
A biografía de Díaz Pardo pode lerse como un reflexo da historia de Galicia no século XX
Imos ir agora ao Museo de Belas Artes da Coruña, que ata o 14 de decembro continúa coa mostra de Isaac Díaz Pardo, a quen este ano se lle dedicou o Día das Artes Galegas. Pero para guiarnos hoxe por esta mostra 'A barca de Caronte' temos nova colaboradora. É profesora, historiadora da arte, investigadora, comisaria, traballou no Marco, no CGAC, na Fundación Luís Seoane ou no Museo de Pontevedra, onde foi, por exemplo, comisaria adxunta da última Bienal de Arte. Ela é Agar Ledo.