Cargando resultados...
A 'Finta Semplice' de Mozart volve á Coruña; Barbie canta arias de Mozart
Mozart píntase de rosa para traer aos nosos días unha opera bufa que se estreou hai 244 anos
Os sete personaxes enléanse nunha trama de amores e prexuízos cunha escenografía inspirada no filme Barbie e ideada polo director Gianmaria Aliverta
G24.gal
26/09/2025 11:17
Última actualización 26/09/2025 12:00
Case 250 anos despois, os cómicos enredos da ópera A Finta Semplice de Mozart volven á Coruña, esta vez insertados no rechamante mundo de Barbie. Esta Finxida Inxenua foi a primeira ópera de Wolfgang Amadeus, escribiuna aos doce anos, nun mundo abafado polo patriarcado. O director de escena Gianmaria Aliverta quere transformalo no Teatro Colón.